Avda. Pontevedra, 19 - Monterroso.

Paso a paso: Rutina Facial

28.10.2020

¿Qué uso para desmaquillarme? ¿Cando se bota o sérum? ¿Hai qué utilizar protección solar? 

A orde de produtos durante a rutina facial é unha incógnita para moitos, así que hoxe imos coñecer os pasos e a utilidade de cada produto.

1. Limpeza

O primeiro paso en calquera rutina facial é a limpeza. Imprescindíbel para eliminar restos de maquillaxe, cremas, polución, etc.

Si estás maquillada, o primeiro a facer será desmaquillar a pel, para esta fin podes empregar leite limpadora, bálsamo, auga micelar, aceite,... Escolle o produto máis axeitado para o teu tipo de pel e maquillaxe (por exemplo usa un desmaquillante de aceite si levas produtos waterproof).

A segunda parte será unha limpeza máis profunda, para esto utiliza un xel ou aceite limpador. 

Podes ver os produtos para a limpeza facial aquí.

  • Si a túa pel é mixta, grasa e con tendencia ás imperfeccións podes utilizar un xel exfoliante para realizar unha limpeza máis profunda, esto conseguirá que a pel se vexa máis unificada, suave e luminosa. Faino entre 1 e 3 veces por semana. 
  • Non exfolies a pel nas dúas rutina do día.
  • Para a limpeza podes empregar discos de algodón, toalliñas/manoplas de microfibra, esponxa, cepillo facial,... Podes ver os anexos aquí.
  • De vez en cando utiliza mascarillas, escolle unha indicada para as necesidades da túa pel: para eliminar puntos negros, purificantes,... Podes ver as mascarillas aquí

2. Tonificación

O tónico ten como función pechar os poros, equilibrar pH, refrescar e preparar a pel para o posterior tratamento. 

A súa aplicación pode realizarse cun disco de algodón ou directamente coas mans. Faise dando toques suaves sobre a pel. 

Podes ver os produtos para a tonificación facial aquí.

  • Elixe o tónico axeitado para o teu tipo de pel.
  • Evita aplicar o tónico no contorno dos ollos e pálpebras.


3. Hidratación

O terceiro e último paso é a hidratación da pel e para isto utilízanse diferentes produtos según a zona da cara e necesidades.

3.1. Mascarillas, aceites, sérum e ampollas.

Comezase cos produtos máis concentrados e de fórmula lixeira:  mascarillas, aceitesampollas e sérumsEste tipo de cosméticos son tratamentos de alta concentración de principios activos. Reforzan e aumentan a efectividade dun tratamento pero non sustitúen á crema hidratante.

Hai sérums, mascarillas e ampollas con diferentes finalidades: antimanchas, iluminadores, reafirmantas, anti engurras,... Debes seleccionar o indicado para o teu tipo de pel.

Sigue as indicacións de uso que marca o fabricante. Recorda que é importante que a pel absorba todo o produto, podes axudar cun rodillo de jade ou masaxeando coas mans.

Podes ver mascarillas faciais aquíPodes ver sérums, aceites, ampollas aquí

3.2. Contorno de ollos e beizos.

A partir dos 25-30 anos é recomendábel comezar cos cosméticos para zonas específicas como poden ser o contorno de ollos e beizos. Ambas son zonas moi delicadas e con tendencia a engurras e por iso que necesitan un produto exclusivo.

Ó igual que os sérum, aceites,... estos son tratamentos moi concentrados e cunha finalidade moi específica: para as bolsas, engurras,... 

3.3. Crema.

Este é o paso máis coñecido por todxs. Sexa cal sexa a súa finalidade (hidratante, nutritiva, reafirmante, antimanchas,...) as cremas teñen unha fórmula máis densa que os cosméticos citados antes.

A función principal de calquera crema hidratante é evitar que a derme sufra falta de hidratación. A maiores disto, ó escoller a nosa crema hidratante é interesante buscar ingredientes que nos axuden e proporcionen outros efectos que necesita a nosa pel. Por exemplo, si hai problemas de pigmentación, buscar unha crema que nos proporcione un efecto anti - manchas. 

  • Si estás realizando un tratamento e hai unha liña de produtos, é recomedábel que uses todos da mesma xa que son complementarios.
  • Normalmente, as cremas de noite son máis densas que as de día.
  • Si estás realizando a rutina facial de día, non te olvides de utilizar protección solar. A súa aplicación debe realizarse despois da crema hidratante e antes de maquillarse.


E ti, sigues todos os pasos da rutina facial? ¿Tes algunha dúbida ou consulta? ¡Pregunta sen compromiso!