Vinagre de Limpieza: Usos.
¿Cantas veces escoitache falar do vinagre branco como un indispensable da limpeza do fogar? O seu prezo e os seus múltiples usos fan que sexa un básico en calquera despensa.
O habitual era empregar o vinagre de uso alimentario aínda que o máis recomendábel é o vinagre de limpeza xa que o seu grado de acidez é maior, conseguindo así unha maior desinfección e limpeza.
USOS DO VINAGRE
- Limpador multiusos, facendo unha mezcla de partes iguais de vinagre e auga. Servirá para a limpeza diaria do fogar.
- Elimina malos olores: utilízase para a neveira, microondas, lavadora, tecidos, habitacións,... Mestura un pouco de vinagre e auga e limpa as zonas con mal ulido. Se o cheiro é nunha habitación podes poñer nun vaso un dedo de vinagre e deixalo ata que desapareza. E tranquilx, o aroma a vinagre desaparece.
- Elimina cal e manchas de auga en mamparas, bañeira. Cun pano empapado en vinagre branco frótase a zona afectada.
- Branquear a roupa e quitamanchas, a súa acidez fai que sexa eficaz branqueando e eliminando manchas da roupa. No caso de manchas, aplica directamente vinagre na prenda e agarda uns minutos, logo procede ó lavado normal da roupa. Para branquear, agrega media taza de vinagre no sitio de deterxente.
- Desinfectante, utilízase para a limpeza, para a desinfección de comestibles como as froitas e verduras e tamén para desinfectar os útiles de limpeza como panos, bayetas, esponxas,etc.
- Abrillantador, esta é unha das súas utilidades máis coñecidas, serve para quitar brillo a todo tipo de obxectos:
- Obxectos de prata, cun pano de algodón impregnado en vinagre "pule" e logo, aclara e seca cun pano seco.
- Espellos, mesturase: 2/3 de auga e 1/3 de vinagre, cun papel aplícase no espello e logo hai que secar cun pano de algodón.
- Cubertería, cristalería, nun recipiente ponse auga cun chorro de vinagre. Introducese a cubertería ou cristalería previamente limpa, e logo hai que secala cun pano que non solte pelusas.
- Desatascador de tuberías. Utílizase xunto a bicarbonato para desatascar e eliminar malos olores das cañerías.
- Quitagraxas, utilízase para limpar cazolas, tixolas, campana,... para esta función hai que aplicar o vinagre directamente e agardar durante media hora aproximadamente. Logo, lávanse con normalidade.
- Limpador de forno, nunha pota quentase auga e un vaso de vinagre mentras o forno está a 180º. Cando a auga comece a ferver ponse no forno que xa estará quente. Durante 15 minutos aproximadamente estará a cazola no forno, logo retírase e cando o forno enfríe limpase por dentro cun pano humedecido en auga.
- Limpador da lavadora, desinfectará, limpará e retirará os restos de cal, para iso coa lavadora vacía, farase un lavado a 30º engadindo unha taza de vinagre no dispensador do deterxente.Para a limpeza das gomas, humedecese un pano en vinagre.
- Repelente, o aroma deste produto non agrada a formigas. Pódese rociar con vinagre puro a zona afectada ou crear unha mezcla de partes iguais de vinagre e auga e pulverizar.
Pincha encima da foto e merca o produto.